OutRun renace en alta definición

venres, 19 de decembro do 2008 Marcus Fernández

OutRun Online Arcade non esquecerá o divertido modo de xogo Heart Attack

A máquina recreativa que en 1986 nos permitía colocarnos ao volante dun Ferrari Testarossa acompañados por unha moza loura para botar carreiras polas rúas de Miami se converteu en todo un clásico de xeito que non sorprendeu que en 2003 resucitase cunha secuela, que en 2006 saltou ás consolas do momento e que agora promete adaptarse á alta definición a través do xogo descargable OutRun Online Arcade que está a desenvolver Sumo Digital pensando no seu lanzamento para Xbox 360 e PlayStation 3 a primeiros de 2009.
O novo xogo contará con 10 modelos de Ferrari, 15 pistas baseadas en localizacións dos EE.UU., como de xogo en liña competitivo de ata 6 xogadores e 3 modos diferentes de xogo, polo que podemos entender que se trataría dunha versión mellorada do OutRun 2: Coast to Coast, polo que será moi interesante contrastar a resposta do anterior xogo editado tradicionalmente con este que se venderá como descarga para as consolas de nova xeración.

PUBLICIDADE