Ourense estrea nova web cun deseño máis moderno e cunha meirande atención ás demandas da veciñanza

xoves, 9 de setembro do 2021 S. P.

Quen visitase estes días a web do Concello de Ourense tería ocasión de ver unha serie de cambios importantes, principalmente a nivel de deseño (máis moderno e acorde coas novas tendencias de desenvolvemento, onde prima o visual e o intuitivo), accesibilidade e facilidade de uso (user-friendly).
O Goberno local quixo enfiar a recta final do verán cun novo sitio, desenvolvido polos enxeñeiros informáticos do Centro de Innovación Tecnolóxica Municipal, que fose unha ferramenta integradora e permitise un maior aproveitamento dos seus cursos. Con esta web, “Ourense deixa de ter unha web do século XX, para adentrarse no presente”, en palabras do Goberno municipal.
O Concello tamén salientou o feito que fose materializada integramente polo persoal do Concello, “o cal significa que pode variarse segundo as demandas, a diferenzas doutras webs, que usan estruturas pre-programadas, o que require cinguirse a estas con menos marxes de liberdade”. En breve presentarase tamén a aplicación móbil municipal.

PUBLICIDADE