Ourense acolle este xoves unhas xornadas de software libre

mércores, 17 de decembro do 2008 Raquel Noya

A web de Mancomún vén de dar conta dunha Xornada de Software Libre que organiza a Asociación Cultural Ourensana de Software Libre e que vai ter lugar mañá xoves, día 18 de decembro no FP de Caixanova en Ourense. Este encontro, ten como finalidade a formación dos asistentes en materia das novas tecnoloxías no eido da programación aberta así como a difusión desta.
Mancomún anuncia, asemade, que promoverá o encontro “en virtude do convenio asinado coa Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, e a empresa Igalia”, e que asistirá á mesma xunto con outros organismos como o GLUG, Thinetic Systems, Openhost, CGA, TEGNIX e a OSL-USC.
O programa das xornadas é o que segue:

8:30-9:30 Administración da rede educativa, baseada en SwL, máis grande do mundo.
Relator: Rodrigo Salvador de la Concha, CGA.
9:30-10:30 TCOS: terminais lixeiros en SwL.
Relator: Mario Izquierdo, Thinetic Systems.
10:30-11:00 Mirror de OUSLI: mirror.ousli.org
Relator: David Martínez Carabllo, CEO de Openhost e fundador de OUSLI.
11:30-12:30 - Ventaxes do SWL para as pemes
Relator: Roberto Brenlla, CKO de TEGNIX.
12:40-13:50 - Obradoiro de tradución de software ao galego.
Relator: Fran Diéguez, membro de GLUG e da OSL-USC.
13:50-15:00 - Obradoiro de Inkscape.
Relator: Denís Fernández Cabrera, Presidente de GLUG e membro da OSL-USC.

As xornadas, lembran na web de Mancomún, “están abertas a calquera persoa que queira achegarse polo centro situado en Finca Sevilla Nº2, o lado de Expourense”.

PUBLICIDADE