Os xogos seguen a superar ó vídeo na web

luns, 20 de agosto do 2007

Un estudo realizado por Parks Associates pon de manifesto que 2 de cada 3 navegantes adultos nos EE.UU. xogan en liña cada semana, fronte ó 29% dos que ven vídeos ou o 19% que visitan redes sociais, polo que “a pesar da crecente popularidade de YouTube, MySpace e Facebook, os xogos seguen a ser os reis do lecer en liña”.
O mesmo estudo tamén amosa que a frecuencia coa que se xoga na web aumentou un 79%, superando amplamente o 46% do incremento das visitas a redes sociais, pero quedando moi por debaixo do incremento de usuarios das webs de streaming de vídeo, que medrou un 123%.

PUBLICIDADE