Os xogos de Just Dance superan os 25 millóns de copias vendidas

venres, 13 de xaneiro do 2012 Marcus Fernández

A desaparición das franquías de Guitar Hero e Rock Band das tendas de videoxogos podería dar a entender que o xénero musical pasa por horas baixas, pero dá a impresión de que o que realmente acontece é que pasou o relevo das guitarras ao baile, se atendemos aos resultados de vendas que veñen de dar a coñecer dende Ubisoft coa saga Just Dance, de grande éxito na Wii, e que co Just Dance 3 tamén estaba dispoñible para Xbox 360 e PlayStation, conseguindo superar os 7 millóns de unidades vendidas dende o seu lanzamento en outubro.
O salto ás consolas domésticas de alta definición veu grazas á adopción de tecnoloxías como Kinect e PS Move, aínda que só coa Wii a franquía xa gozaba de boa saúde, de xeito que coas súas 6 entregas (non todas comercializadas en España) tería superado os 25 millóns de copias e durante 2011 acapararía o 64% das vendas de xogos de baile en territorios EMEA.

PUBLICIDADE