Os xogos de Guitar Hero poderán contar con temas de Jimi Hendrix

venres, 18 de xullo do 2008 Marcus Fernández

A revista Rolling Stone adiantou que o xogo Guitar Hero: World Tour, que chegará ás tendas norteamericanas o vindeiro 27 de outubro, incluirá no seu repertorio varios temas de Jimi Hendrix, coma os clásicos Purple Haze, Foxy Lady e Little Wing, segundo confirmou Janie Hendrix, actual propietaria dos dereitos de autor do seu defunto irmán.
Tamén se confirma que autorizaron a aparición dun avatar oficial representando a Jimi Hendrix, aínda que os responsables do xogo non confirmaron nada con respecto a estas novidades que darían un pouco máis de valor histórico á saga de Guitar Hero.

PUBLICIDADE