Os xogos de Dreamcast e PS2 poderían chegar á PS3 en descarga

martes, 22 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Vén de filtrarse á Rede un documento con anotacións realizadas por persoal de SEGA nunha xuntanza coa xente de Sony o pasado 5 de agosto, e da que poderían adiantarse moitos dos plans para a PlayStation 3 durante 2010, coma a confirmación de que o mando con sensor de movemento comercializaríase en primavera, que a edición de coleccionista de Bayonetta incluirá unha figura (e a demo do xogo podería saír en xaneiro), que xogos coma Vancouver 2010 ou Iron Man 2 poderían contar cun espazo de seu en Home, que están a estudar a posibilidade de lanzar un paquete con todos os xogos de Sonic por 99 dólares e, especialmente, que Sony podería facer unha aposta rotunda pola emulación de consolas anteriores de xeito que permitirían a compra de algúns xogos da consola Dreamcast de SEGA adaptados á PS3 e incluso o catálogo completo de xogos de PS2 (tamén coma descarga).
No tocante aos xogos de Dreamcast, coméntase que Sony tería prioridade á hora de elixir os títulos que vendería para PS3, de xeito que os xogos desbotados podería rematar comercializándose para Xbox 360 ou Wii.

PUBLICIDADE