Os xogos de Assassin’s Creed están de oferta en Steam até o venres

mércores, 8 de outubro do 2014 Marcus Fernández

Assassin’s Creed IV: Black Flag é o xogo con menor desconto

Cando estamos ás portas dos lanzamentos de Assassin’s Creed: The Americas Collection, Assassin’s Creed Rogue e Assassin’s Creed Unity Ubisoft decidiu animar aos xogadores de PC a facerse cos títulos da saga dos que aínda non gozasen, de xeito que lanzaron unha oferta por tempo limitado en Steam a través da que poden mercarse as entregas da saga de xeito independente con descontos de entre o 33 e o 75%.

Assassin’s Creed: Freedom Cry é unha expansión de Assassin’s Creed IV que pode adquirirse de xeito independente

Deste xeito a edición do director do primeiro Assassin’s Creed e a edición de luxo de Assassin’s Creed 2 poden adquirirse por só 2,49 euros; Assassin’s Creed: La Hermandad e Assassin’s Creed: Revelations están a un prezo de 3,74 euros; Assassin’s Creed III véndese por 4,99 euros; o episodio de descarga independente Assassin’s Creed: Freedom Cry está a 5,09 euros; a versión remasterizada en alta definición de Assassin’s Creed: Liberation está á venda por 9,99 euros; e Assassin’s Creed IV: Black Flag está dispoñible por 20,09 euros; todos prezos bastante reducidos, que xuntos apenas chegarían ao prezo que terá o novo Assassin’s Creed Rogue, deixando claro o atractivo da promoción que rematará o vindeiro venres.

PUBLICIDADE