Os vídeos de pago na Rede poderían ter os seus días contados

martes, 15 de maio do 2007

Un estudo de Forrester Research sostén que o mercado de programas de televisión e películas a través da Internet podería chegar ó seu máximo este ano (estímase que facturarán 279 millóns de dólares) posto que cada día hai máis contidos de balde grazas á publicidade.
Tamén afirman que a compra de contidos videográficos é moi complexa, con distintos formatos de arquivo e limitacións de reprodución que están a por atrancos ós usuarios, que están á busca de sistemas máis sinxelos e atractivos. De tódolos xeitos, hai voces discordantes con estas afirmacións, pois a venda de vídeos aínda é un fenómeno emerxente, polo que parece arriscado adiantar o seu cénit.

PUBLICIDADE