Os usuarios de Xbox LIVE Gold poden descargar de balde o xogo Assassin’s Creed II

martes, 16 de xullo do 2013 Marcus Fernández

Dende hoxe e ata rematar o mes os usuarios de Xbox LIVE Gold poderán descargar de balde o xogo Assassin’s Creed II dentro da iniciativa Games with Gold, que consiste en ofrecer 2 xogos ao mes de balde os días 1 e 16 de cada mes como agradecemento de Microsoft aos membros que contribuíron á consolidación da comunidade de Xbox LIVE.
Assassin’s Creed II está valorado en 14,99 euros na súa versión descargable e non é o único título da súa franquía que está de oferta, pois por mor da estrea en outubro de Assassin’s Creed IV dende Ubisoft decidiron quecer motores con descontos do 25% nos xogos Assassin’s Creed, Assassin’s Creed: La Hermandad e Assassin’s Creed: Revelations, e do 33% nos contidos descargables para os distintos xogos da franquía (pois cómpre detallar que o Assassin’s Creed II que ofrecen de balde non inclúe os seus respectivos DLC).

No xogo, Ezio Auditore busca vinganza polas rúas de Florencia

PUBLICIDADE