Os últimos reloxos de Samsung por fin permiten medir a tensión arterial e facer electrocardiogramas
luns, 22 de febreiro do 2021
Os últimos reloxos conectados de Samsung están a recibir a
partir de hoxe mesmo unha actualización para activar prestacións que estaban pendentes
de recibir autorización das autoridades sanitarias europeas, ou sexa, que os
usuarios de smartwatches Galaxy Watch Active2 e Galaxy Watch3 poden
gozar por fin da función de electrocardiograma e medición da tensión arterial.
A información rexistrada mediante estas funcionalidades intégrase na aplicación
de Samsung Health Monitor que, aÃnda que advirten reiteradamente que a
información é só orientativa e non busca substituÃr a medicións con
dispositivos clÃnicos nin a consultas médicas, pode resultar de grande
utilidade para facer un seguimento da nosa saúde.
No caso da tensión arterial, que é a funcionalidade máis innovadora, o reloxo precisa
dunha calibración mensual cun tensiómetro tradicional, pero supón un grande
avance para moitos usuarios, xa que a medición da tensión non resulta molesta,
o que fai máis doado establecer un hábito de monitorización e asà poder
consultar logo os históricos almacenados no móbil para comprobar a evolución da
tensión arterial e do pulso ao longo do tempo.