Os televisores de Samsung estrean aplicación para recibir os contidos de Bar TV
martes, 11 de outubro do 2022
Os locais de hostalarÃa que desexen proxectar encontros
futbolÃsticos de xeito legal teñen que contratar o servizo Bar TV, que xa non é exclusivo do
descodificador que subministra sen cargo adicional a plataforma, senón que
agora tamén será
posible gozar dos contidos directamente dende televisores conectados de Samsung
a través dunha aplicación de seu.
A nova aplicación facilita ver os contidos en directo e baixo demanda de LaLiga
Santander, LaLiga SmartBank, UEFA Champions League ou UEFA Europa League, incluÃndo
tamén DAZN Bar (que tamén achega competicións de motor, Premier League, UEFA
Women’s Champions League e Turkish Airlines EuroLeague).
Deste xeito os televisores de Samsung reforzan a súa posición como dispositivos
nos que gozar de contidos audiovisuais como os de Movistar+, Orange TV, DAZN,
+TDP ou LaLigaSportsTV, que xunto coas habituais plataformas de streaming
conforman unha grande oferta de vÃdeo que pode consumirse sen receptores
externos, valéndose unicamente do acceso á Internet, ofrecendo unha experiencia
de uso máis cómoda e práctica.