Os responsables da Academia Wayra participarán na nova edición de Iniciador Galicia

xoves, 3 de maio do 2012 Marcus Fernández

O vindeiro mércores 9 de maio ás 19:00 horas numerosos profesionais e emprendedores do sector tecnolóxico acudirán ao Club Financeiro de Vigo para atender a un relatorio conxunto de Gary Stewart e Josep Amorós, director e vice director e Wayra, aceleradora de negocios do Grupo Telefónica, nunha nova edición de Iniciador Galicia. Os máximos responsables da Academia Wayra España falarán do actual tecido emprendedor en España nunha charla que leva por título Retos e oportunidades para emprendedores en 2012.
Dende Wayra seleccionan proxectos innovadores nas súas primeiras etapas e achéganlles recursos para impulsar o seu desenvolvemento, explotación e comercialización, contando con presenza en España, Reino Unido, México, Colombia, Chile, Venezuela, Perú, Brasil e Arxentina.
Para participar a este novo encontro de Iniciador Galicia é preciso inscribirse no correspondente evento de Facebook ou comunicalo a través de correo electrónico, servindo esta última canle tamén para concretar unha xuntanza informal con Gary Stewart e Josep Amorós un par de horas antes do seu relatorio para recibir feedback sobre proxectos emprendedores propios.

PUBLICIDADE