Os problemas técnicos levaron á suspensión do IV Maratón PodcastBlog
luns, 4 de maio do 2009
A
pasada fin de semana pretendÃa levarse a cabo a cuarta edición dunha maratón de
podcasting que tamén se poderÃa
seguir en directo a través da Internet durante 50 horas, pero as primeiras retransmisións
atopáronse cun número de incidencias tan elevado que facÃan que as
intervencións dos oradores fosen imposibles de seguir (multitude de cortes,
faltos da comunicación entre os participantes…) polo que a organización decidiu
suspender
o evento, pero continuando a subir da súa web os podcasts que seguiron adiante, para que
puideran seguirse en diferido.
Segundo parece, os problemas foron consecuencia da falta de recursos, non só
humanos, senón tamén técnicos, pois agardaban
poder utilizar unha canle de streaming
profesional cedida para o evento, pero ao non manterse este
compromiso por parte de terceiros, as solucións provisorias que se tomaron non
foron capaces de manter no aire os espazos programados durante a fin de semana.
Agora abriron unha reflexión sobre se o maratón terá unha nova entrega o ano
que vén, aÃnda que parece que o que farán será reformular o formato para facelo
viable, pois está claro que hai moita xente interesada en participar neste tipo
de iniciativa, na que as moitas illas que conforman a podcastfera tenden pontes
de comunicación.