Os porcos verdes de Angry Birds estrean videoxogo

xoves, 27 de setembro do 2012 Marcus Fernández

Os antagonistas dos Angry Birds, os malvados porcos verdes, estrean hoxe un videoxogo de seu, Bad Piggies, que consiste en xuntar distintos elementos (caixas, rodas, ventiladores, botellas...) para elaborar vehículos que faciliten aos porcos facerse cos seus desexados ovos (e outros elementos, como as distintas partes dun mapa). Dende un vehículo rodado ata unha máquina voadora haberá que crear para superar distintos quebracabezas nos que as físicas xogarán un papel tan importante como nas entregas de Angry Birds, aínda que este título é o suficientemente diferente como para ter unha identidade propia.
Bad Piggies conta con 60 niveis, 30 quebracabezas adicionais desbloqueables, actualizacións de balde, 4 niveis en terra para aumentar a nosa creatividade, un nivel de area moi difícil de desbloquear (precisa de coleccionar todos os cranios e 33 obxectos diferentes dos que facer uso para crear as orixinais construcións das que farán uso os porcos malos.
Bad Piggies está xa á venda na súa versión para iPhone e iPod Touch por 0,79 euros, para iPad por 2,39 euros e con versión de balde para smartphones e para tablets con Android.


Trailer do xogo

Podemos combinar ata 33 obxectos distintos para elaborar ata máquinas voadoras que permitan aos porcos malos conseguir o seu obxectivo

PUBLICIDADE