Os personaxes de Street Fighter e Tekken enfrontaranse en 2 novos videoxogos
luns, 26 de xullo do 2010
A pasada fin de
semana durante a Comic-Con de San Diego os afeccionados aos xogos de loita
puideron asistir a unha serie de anuncios de Capcom e Namco Bandai que poderÃan
sentar un curioso precedente, xa que confirmaron que van
fusionar as súas franquÃas Street Fighter
e Tekken en 2 xogos, un de cada
compañÃa.
Deste xeito, Street Fighter X Tekken
será un xogo de Capcom para Xbox 360 e PlayStation 3 que facendo uso do motor
de xogo de Street Fighter IV engadirá
á area aos personaxes de Tekken, o
que será bastante interesante ver, pois estes últimos teñen unha mecánica de
xogo tridimensional moi marcada.
Tekken X Street Fighter
será outro xogo digno de ver, no que Namco Bandai vai introducir aos personaxes
de Street Fighter (algúns xa vistos
en 3D no pasado) no ring de Tekken,
para o que contarán cun cambio visual, pretendendo manter os seus estilos de
combate e movementos especiais.
Con estes tÃtulos podemos entender que realmente non se están a enfrontar os
personaxes de 2 grandes franquÃas, senón que estamos ante a loita de 2
compañÃas que queren ver cal é capaz de facer o mellor xogo co mesmo cadro de
personaxes, aÃnda que o máis probable é que cada tÃtulo satisfaga a un público
diferente.
AÃnda que con iso parecerÃa que xa tiñamos bastante, Capcom aproveitou a
ocasión para anunciar que está
a preparar o regreso de Street Fighter
III nun tÃtulo descargable a
través de PlayStation Network e Xbox LIVE Arcade que levará coma subtÃtulo 3rd Strike Online Edition, o que parece
dar a entender que estariamos ante un xogo de loita que, aparte de recuperar o
clásico de recreativas, centrarÃa a súa acción nun modo en liña.
VÃdeo promocional de Street Fighter X Tekken