Os personaxes de LEGO Batman 2: DC Super Heroes terán voz

martes, 12 de xuño do 2012 Marcus Fernández

O xogo LEGO Batman 2: DC Super Heroes chegará ás tendas españolas o vindeiro día 22, pero o seu último trailer amosa unha grande sorpresa, que non é outra que o feito de que o xogo vai estar dobrado ao español, ou sexa, que os protagonistas van falar mentres que en anteriores títulos baseados en bonecos de LEGO limitábanse a emitir ruídos.
O feito de que os xogos baseados en LEGO fose mudos era parte do seu encanto, polo que haberá que agardar para ver a acollida que ten este título para ver se o resto dos xogos desta franquía seguirán polo mesmo camiño.
Na versión en inglés o xogo conta con actores con experiencia no mundo da dobraxe como Kevin Michael Richardson (Padre Made In USA), Claudia Black (Farscape), John Dimaggion (Futurama) e Tom Kenny (Bob Esponja).


Trailer do xogo con voces en español

PUBLICIDADE