Os personaxes da Marvel incorporaranse a Disney Infinity
venres, 2 de maio do 2014
Seguindo os pasos de Skylanders,
Disney quixo aproveitar a forza dos personaxes de Pixar e da súa marca para lanzar o ano
pasado o xogo Disney Infinity,
que integra na pantalla a figuras coleccionables reais, proposta hÃbrida de
grande éxito que vai potenciarse cunha edición 2.0 do xogo, Disney
Infinity: Marvel Super Heroes, que incluirá máis de 20 novas figuras
interactivas orixinarias do Universo Marvel, comezando polos protagonistas da
pelÃcula de Los Vengadores, que serán
os que chegarán co saÃa deste tÃtulo no outono, aos que se engadirán outros
personaxes como Spider-Man ou os integrantes dos Guardianes de la Galaxia.
O xogo, que sairá á venda para PS4, PS3, Xbox One, Xbox 360, Wii U, PC e iOS, contará
con historias orixinais creadas por Brian Michael Bendis, contando tamén cun
novo modo Toy Box que fará máis doado aos usuarios crear os seus propios niveis
e mini-xogos para gozar dos mesmos coa familia e os amigos. Os personaxes e
discos de enerxÃa do anterior Disney
Infinity serán compatibles con esta nova edición.
- O xogo incluirá inicialmente as figuras dos integrantes da versión cinematográfica de Los Vengadores
Trailer de presentación de Disney Infinity: Marvel Super Heroes