Os paxaros anoxados</Em> celebran a Pascua

luns, 18 de abril do 2011 Marcus Fernández

Xusto a tempo para a Semana Santa, chega unha actualización do xogo Angry Birds Seasons, que incorpora 15 niveis novos que teñen a Pascua como temática (con ovos nos escenarios e porcos disfrazados de coellos), de xeito que quen teña este título de Rovio pode descargar de balde a súa actualización.
Esta entrega dos paxaros anoxados está dispoñible para iOS, Android, Symbian^3 e Palm WebOS e, aparte dos 15 niveis principais, esta actualización tamén inclúe 3 fases adicionais accesibles de seguir aos seus responsables en Twitter.
A versión para Android de Angry Birds Seasons segue a ser de balde con publicidade, mentres que para iPhone/iPod Touch custa 0,79 euros e para iPad ten unha versión HD a 1,59 euros. Seasons é unha das 3 entregas dos Angry Birds que hai no mercado, destacando pola súa diversidade, xa que os seus niveis están ambientados en distintas épocas do ano (Nadal, Halloween, San Valentín, San Patricio e Pascua), o que fai que a súa estética sexa moi rica.


Trailer da actualización de Angry Birds Seasons

A nova actualización de Angry Birds Seasons está dedicada á Pascua

PUBLICIDADE