Os novos xogos de Pokémon arrasan en vendas

mércores, 9 de marzo do 2011 Marcus Fernández

O pasado venres chegaron ás tendas españolas os xogos Pokémon Edición Blanca e Pokémon Edición Negra, moi agardados polos seareiros desta franquía de éxito, que parece está a ter unha impresionante acollida a nivel internacional, colocándose nos postos 1 e 2 das listaxes de vendas de videoxogos británicas da semana pasada (seguidos por Fight Night Champion, Bulletstorm e Killzone 3), o que non acontece só no Vello Continente, senón que nos EE.UU. conseguiron sumar 1,08 millóns de copias vendidas no seu primeiro día (o pasado domingo) o que supón un record histórico (a anterior marca tíñana os Pokémon Diamante e Perla con 780.000 copias vendidas no seu lanzamento hai 4 anos).
Estes xogos xa venderan 2,5 millóns de unidades no Xapón nas súas 2 primeiras semanas, confirmando que a franquía de Pokémon segue a ser unha das principais bazas de Nintendo, que durante o presente ano serán base do seu negocio xunto co lanzamento da Nintendo 3DS.


Anuncios televisivos norteamericanos dos novos xogos de Pokémon

Pese a ser un xogo de Nintendo DS, as novas entregas de Pokémon optaron por unha perspectiva tridimensional (¿adianto dunha futura versión para a 3DS?)

PUBLICIDADE