Os novos escritores en lingua galega celebran un encontro coa vista posta no dixital

xoves, 8 de setembro do 2011 Redacción

A Asociación de Escritores en Lingua Galega organiza o VI Encontro de Escritoras/es Novas/os o sábado 17 de setembro na Sala NORMAL (Paseo de Ronda, 47, A Coruña) baixo o título Da tinta á pegada dixital, unha xornada que serve para achegarse ás novas linguaxes, tecnoloxías e pegadas dixitais que os tempos presentan, abrindo outras posibilidades na comunicación e no diálogo necesario.
O evento ten o seguinte programa:
- 10:30 horas: CONFERENCIA INAUGURAL: As revistas literarias na era diixtal. Alternativas
Tati Mancebo
- 12:00 horas: MESA 1: Crear desde a ventá
Coordinadora: Antía Otero
Relatoras/es: Estíbaliz Espinosa, Leo F. Campos e Ana Cibeira
- 16:30 horas: MESA 2: As revistas dixitais en Galiza: pasado presente e futuro
Coordinadora: Elvira Riveiro
Relatoras/es: María Xesús Nogueira Pereira, Montserrat Pena Presas e Gaspar Domínguez
- 19:00 horas: RECITAL: Suxeitos música
Recitadoras: Andrea Nunes, Berta Dávila e María Rosendo

PUBLICIDADE