Os músicos e discográficas poderán adaptar directamente os seus temas para Rock Band 2

luns, 20 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Harmonix e MTV Games anunciaron que van lanzar a Rock Band Network, unha nova iniciativa que permitirá que os artistas e as discográficas trasladen as súas gravacións orixinais a ficheiros que poidan venderse coma temas musicais xogables dende Rock Band 2.
A nova plataforma xa está nunha etapa de probas pechada para a Xbox 360, que abrirase ao público xeral nos EE.UU. a finais de agosto. Máis adiante o sistema espallarase ás consolas PlayStation 3 e Wii, pero nun principio todas as cancións terán unha fiestra de exclusividade para a consola de Microsoft durante 30 días.

A Rock Band Network achegará ferramentas profesionais para adaptar as cancións ás consolas de videoxogos

Este sistema non limitaría o catálogo de Rock Band a uns poucos temas novos á semana, senón que os estudos de gravación terían acceso ás mesmas ferramentas coas que adaptan actualmente os temas para que poidan xogarse na consola, para o que é preciso contar coas versións master das cancións, para poder separar a voz e os distintos instrumentos.

PUBLICIDADE