Os mandos da Nintendo Switch precisarán dun accesorio cargarse fóra da consola

luns, 16 de xaneiro do 2017 Marcus Fernández

A presentación oficial da Nintendo Switch trouxo como boa nova que a futura consola doméstica de Nintendo non se faría agardar moito, xa que estaría nas tendas o 3 de marzo, pero pola contra o prezo en Europa non parece que vaia pór contentos a moitos, xa que a consola solta custaría preto de 330 euros, e os accesorios e os xogos tampouco serían precisamente económicos, aos que agora engádese un detalle que molestará a moitos: o soporte que permite unir ambos mando Joy-Con para que funcionen como un único mando non ten función de carga, ou sexa que sería un simple anaco de plástico.
Isto quere dicir que se non queremos ter que conectar os mandos á consola para a súa carga teriamos que empregar un cargador externo que véndese por separado a un prezo recomendado de 29,95 euros. O soporte de carga para mandos Joy-Con ou Joy-Con Charging Grip, non só permite cargar os mandos afastados da consola, senón que tamén permite o seu uso durante a carga, o que agradecerán os que empreguen os mandos habitualmente separados da consola, por tela conectada ao televisor.
En calquera caso, a batería dos mandos Joy-Con dura unhas 20 horas, polo que non é imprescindible contar con este accesorio de carga, aínda que si resulte moi práctico o seu uso.

PUBLICIDADE