Os fascismos dixitais a debate no Consello da Cultura Galega

venres, 22 de febreiro do 2019 Marcus Fernández

O Consello da Cultura Galega está a organizar o Ciclo Pensarmos, no que a través de charlas, debates e intercambios de ideas queren abordar os problemas da actualidade, «para facer redes de conexións e contribuír a que sexamos un pouco máis libres», e este espazo de reflexión contará o vindeiro 28 de febreiro ás 18:00 horas con Lluís Bassets, xornalista que dialogará co director da Editorial Galaxia, Francisco Castro, sobre os Fascismos dixitais.
Nesta conversa procurarase explorar o fenómeno da postverdade, o rol que a mentira propagada a través das redes sociais está a xogar na toma de decisións políticas, a dificultade de distinguir o verdadeiro do falso, o neofascismo, a posibilidade de que se tomen decisións políticas a golpe de algoritmo ou a necesidade dunha lexislación que protexa da falsidade na Internet.
Para participar neste encontro é preciso inscribirse, xa que o acto ten un aforo limitado a 100 persoas, que cubrirase en rigorosa orde de inscrición.

PUBLICIDADE