Os clásicos de Mega Drive chegarán a PS4 e Xbox One

mércores, 14 de marzo do 2018 Marcus Fernández

A febre retro dos videoxogos que converteu en grandes éxitos as consolas mini de Nintendo que viñan con xogos precargados está a ser aproveitada por moitas outras compañías, e SEGA parece non querer quedarse atrás pero, como a compañía xa non fabrica hardware, opta directamente por recompilar xogos clásicos en coleccións, como a SEGA Genesis Classics Collection que temporalmente puido verse na tenda dixital de Steam, e que logo confirmouse que estará dispoñible para Xbox One e PlayStation 4 a partires do 29 de maio.
Aínda que esta colección para PC non tería ningún interese especial (xa que os xogos que contén levan moito tempo dispoñibles, e a propia colección xa puido adquirirse no pasado consistindo simplemente na posibilidade de mercar varios xogos en conxunto a un prezo reducido, no caso das consolas da actual xeración supón a grande oportunidade de poder gozar de xogos da clásica Mega Drive en máquinas modernas.
SEGA aínda non anunciou oficialmente esta recompilación, entendemos que en consola contará cos mesmos títulos que en PC, que son os seguintes: Alex Kidd in the Enchanted Castle, Alien Soldier, Alien Storm, Altered Beast, Bio-Hazard Battle, Bonanza Bros, Columns, Columns III, Comix Zone, Crack Down, Decap Attack, Ecco the Dolphin, Ecco Jr., Ecco: The Tides of Time, ESWAT: City Under Siege, Eternal Champions, Fatal Labyrinth, Flicky, Gain Ground, Galaxy Force II, Golden Axe, Golden Axe II, Gunstar Heroes, Kid Chameleon, Landstalker: The Treasures of King Nole, Light Crusader, Ristar, Shadow Dancer, Shining Force, Shining Force II, Shining in the Darkness, Shinobi III: Return of the Ninja Master, Space Harrier II, Streets of Rage, Streets of Rage 2, Super Thunder Blade, Sword of Vermilion, VectorMan, Virtua Fighter 2 e Wonder Boy III: Monster Lair.

Vídeo promocional da SEGA Genesis Classics Collection

ACTUALIZACIÓN: Finalmente SEGA Europe confirmou o lanzamento desta recompilación o 29 de maio e publicou a carátula que terá:

PUBLICIDADE