Os centros tecnolóxicos galegos pretenden manter os seus programas grazas a fondos ICO
xoves, 16 de abril do 2020
Francisco
Conde, conselleiro de EconomÃa, Emprego e Industria, mantivo hoxe un encontro
mediante videoconferencia con representantes da Alianza Tecnolóxica
Intersectorial de Galicia (Atiga) e dos seis centros tecnolóxicos que
forman parte da mesma: Aimen, Anfaco-Cecopesca, o Centro Tecnolóxico da
Automoción de Galicia (CTAG), Gradiant, Energylab e o Instituto Tecnolóxico de
Galicia (ITG), dentro da rolda de xuntanzas co tecido produtivo que se están a
manter desde a Administración autonómica.
Na reunión acordouse demandar ao Estado que os centros
tecnolóxicos poidan acceder ás liñas de financiamento do Instituto de Crédito
Oficial (ICO) nas mesmas condicións que as empresas, para contar con circulante
que lles permita afrontar os retos de investimento e de contratación de
persoal, e poder manter asà os seus programas.
O conselleiro de EconomÃa, Emprego e Industria apuntou
que «a innovación será un dos elementos principais que teremos que impulsar no
momento de reactivación da economÃa despois de superar o impacto sanitario da
COVID-19».