Os centros educativos galegos cuadriplicaron a súa velocidade de acceso á Rede en 3 anos

luns, 7 de xaneiro do 2013 Redacción

A través do Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia estase a facer un amplo despregamento de infraestruturas de telecomunicacións para dotar de cobertura a toda a poboación galega, o que tamén beneficia aos centros educativos da nosa comunidade, de xeito que, xunto coas melloras da Rede Corporativa da Xunta, os centros de ensino melloraron as súas conexións á Rede ata multiplicar por 4 a súa velocidade media. Concretamente en 2009 a media de velocidade situábase nos 5,6 Mbps e actualmente tal velocidade chega aos 20,5 Mbps.
Amais, conseguíronse reducir nun 90% o número de conexións inferiores a 1 Mbps, incrementáronse un 9% as conexións superiores a 9% (que son máis do 90% das existentes) das que un 20% supera os 10 Mbps e máis dun 15% goza de conexión a 100 Mbps, de xeito que teriamos preto de 200 centros con conexión á Internet a través de redes de nova xeración, o que supón un acceso máis efectivo á Rede, con mellores velocidades e máis usuarios concorrentes, facilitando a integración das TIC no sistema educativo.

PUBLICIDADE