Os autobuses do Barça contarán con Wi-Fi grazas a tecnoloxía galega

martes, 7 de abril do 2009 Marcus Fernández

Coma os viaxeiros de autobuses de Arriva ou ALSA, os xogadores do Fútbol Club Barcelona tamén poderán conectarse á Internet nos desprazamentos dos seu equipo no autobús oficial grazas a que Arteixo Telecom chegou a un acordo con Autopullman Padrós (empresa propietaria do devandito autobús) para dotalos co router Revisio, o que establece comunicación coa Internet a través da rede 3G/HSPA a ata 7,2 Mbps compartindo este acceso a través de Wi-Fi cos usuarios do vehículo de transporte colectivo.
Deste xeito, os xogadores do Barça poden acceder á Internet dende os seus móbiles intelixentes, axendas electrónicas, reprodutores multimedia ou consolas de videoxogos mentres viaxa no seu autobús oficial.

PUBLICIDADE