Os Take That terán o seu propio SingStar

luns, 8 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Take That xa tiña un tema no SingStar v3

Durante a feira E3, Sony anunciou que seguindo a liña de SingStar Queen e SingStar ABBA, lanzarán un SingStar: Motown para PlayStation 3 e PS2 con temas de Marvin Gaye, The Supremes, Stevie Wonder e outros artistas que gravaron co popular selo norteamericano, pero non é o único xogo de karaoke que a compañía achegará ás tendas antes de rematar o ano, senón que tamén publicarán SingStar Take That.
O novo título recollería os grandes éxitos da formación musical británica que tanto éxito tivo nos anos 90 e que renaceu recentemente. O xogo incluiría temas coma Shine, Back for Good e Could it be Magic. Cómpre lembrar que o SingStar v3 xa incluía un tema de Take That, e os que non queiran mercar a edición do xogo centrada na banda tamén poderán adquirir as súas cancións por separado coma descarga da SingStore.

PUBLICIDADE