Os Power Rangers volven nun videoxogo descargable

martes, 17 de xaneiro do 2017 Marcus Fernández

Os seareiros da serie televisiva dos Power Rangers, a poucos meses de que a franquía retorne á pantalla grande, poderán gozar dun novo videoxogo que recupera os personaxes clásicos cunha visión moderna e creativa do xénero dos beat’em up multixogador e que sae hoxe á venda en formato descargable por 14,99 euros para Xbox One e PlayStation 4.
Saban’s Mighty Morphin Power Rangers: Mega Battle pode considerarse un xogo con certo aire retro, non só por adoptar a fórmula dun brawler, senón tamén por estar inspirado na primeira serie dos Power Rangers, de xeito que poderemos invocar ao Megazord e tamén percorreremos niveis inspirados nos episodios clásicos da serie televisiva.
No xogo teremos un sistema de batalla completo e intuitivo (incluíndo ataques con mísiles e armas pesadas e lixeiras); os seus personaxes poderán subir de nivel e desbloquear novos movementos, ataques e armas; e permitirá o xogo cooperativo local con até 4 xogadores. A súa principal eiva sería que só está dispoñible en inglés.

O xogo recupera aos Power Rangers clásicos
En Saban’s Mighty Morphin Power Rangers: Mega Battle teremos un beat’em up de até 4 xogadores simultáneos

PUBLICIDADE