Os IES de Burela e Cambados, primeiros na quinta edición do Concurso Galego de Robótica
luns, 4 de marzo do 2013
- Os estudantes premiados do IES de Burela
Finalmente resolvéronse
os dÃas pasados os premios do V
Concurso Galego de Robótica, desenvolvido baixo o epÃgrafe A
Maxia da Robótica e
co obxectivo de espertar entre os nosos estudantes vocacións
cientÃficas e investigadoras arredor do deseño e construción de
novas tecnoloxÃas e aparellos que nos axuden en todo tipo de tarefas
e problemas. O xurado do certame, organizado pola Institución
Galega da Ciencia (IGACIENCIA)
en colaboración coa Fundación
Barrié, situou nos primeiros postos de cada modalidade aos IES
de Cambados e Burela.
AsÃ, ditaminouse que os
merecedores do primeiro premio na categorÃa de Bacharelato e Ciclos,
foron tres alumnos do IES Perdouro de Burela (Ciclo Medio de
Instalación de Telecomunicacións) titorados pola profesora Marga
López. Falamos dos rapaces Raúl
González Moirón, Sony Monteiro Lopes da Silva e Francisco Javier
DÃaz Soto.
De xeito paralelo, os
vencedores da modalidade de Educación Secundaria Obrigatoria foron
os estudantes Javier
Carou Trigo,
Marcos
Daporta González, Diego Cores Fontenla e
Samuel
Gómez Pintos, do IES Francisco
Asorey de Cambados, con 57 puntos. O seu titor é o profesor de TecnoloxÃa do devandito centro cambadés, Ricardo Paredes.
Como dixemos, con esta
actividade preténdese achegar aos nosos alumnos e alumnas o eido da
robótica e aproveitar a súa "maxia" para promover
a cultura cientÃfica na nosa sociedade galega. O certame veu con
feitura de obradoiro, unha actividade a desenvolver baixo o epÃgrafe
A maxia da robótica e na que participaron estudantes de toda
a nosa xeografÃa, abordando en grupos a montaxe e programación dun
robot móbil cun kit de Lego, tarefa para a que se fixou o
requirimento de facelo en menos de
unha hora. Na fase de preparación, aprendeuse aos alumnos a linguaxe
da robótica e o manexo dos robots. O palmarés quedou deste xeito:
·
CategorÃa Secundaria Obrigatoria
1º
premio : IES
Francisco Asorey -
57 puntos
2º
premio: empates de 50 puntos: IES
A Cachada de
Boiro, IES
de Tomiño (3), IES
Canido de
Ferrol
·
CategorÃa BAC e Ciclos
1º
premio: IES Perdouro
de Burela - 54 puntos
2º
premio : IES
Pontepedriña de
Santiago - 50
puntos
3º
premio: IES SofÃa
Casanova de
Ferrol - 46 puntos, empatado co IES de
Sabón de Arteixo