Os Gardiáns da Galaxia chegan a Xbox Game Pass

martes, 1 de marzo do 2022 Marcus Fernández

Os subscritores de Xbox Game Pass están de parabéns, non só pola chegada do Microsoft Flight Simulator no modo de xogo na nube, senón tamén polo anuncio dos títulos que o servizo incorpora no mes de marzo, entre os que destaca moi especialmente Marvel’s Guardians of the Galaxy, que chegará o día 10 e que para moitos está considerado como a meirande sorpresa do ano 2021. O xogo ofrece unha aventura de acción en terceira persoa que divirte tanto aos que queren un simple título de acción como para os que queren vivir unha nova aventura dos personaxes da Marvel que tanto éxito teñen nas súas versións cinematográficas.
O resto de xogos que chegan a Xbox Game Pass son Lightning Returns: Final Fantasy XIII o día 3, Lawn Mowing Simulator o día 10, Young Souls o día 10 e Far: Changing Tides (que xa está dispoñible). Pola contra, deixan o servizo o vindeiro día 15 Nier: Automata, Phogs!, Torchlight III e The Surge 2.

PUBLICIDADE