Os ¿Dónde está...? de Disney ofértanse de balde para Windows Phone 8

xoves, 17 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

A menos dun mes do seu lanzamento para Windows Phone 8 os xogos de Disney ¿Dónde está mi agua? e ¿Dónde está mi Perry? ofrécense de balde por tempo limitado (a oferta rematará mañá mesmo), en vez de contar co seu prezo ordinario de 0,99 euros cada un, o que é un interesante agasallo para os usuarios de móbiles co sistema operativo de Microsoft que veñen de adquirir un smartphone e así poden comezar a gozar dalgúns dos mellores títulos dispoñibles para os mesmos sen facer un grande desembolso económico.
¿Dónde está mi agua? é xa un clásicos dos dispositivos móbiles nos que temos que facilitar o paso de auga ata chegar á ducha do caimán Swampy para que poida asearse ao longo de máis de 200 niveis. Tamén podemos gozar dunha historia alternativa na que haberá que empregar auga porca de cor morada para limpar o prato de Cranky, un duro caimán, que chega en 5 niveis de balde e outros 80 que podemos mercar dende a aplicación.
¿Dónde está mi Perry? é dos mesmos creadores que o anterior, e nesta ocasión hai que utilizar os distintos estados da auga (sólido, líquido e gasoso) para resolver quebracabezas ao longo de máis de 80 niveis repartidos en 4 capítulos e con actualizacións de balde.

PUBLICIDADE