Os Beats Solo Buds venderanse a 89,95 euros

martes, 30 de abril do 2024 Marcus Fernández

A marca de auriculares propiedade de Apple, Beats, porá á venda en xuño os seus auriculares sen fíos máis económicos até o momento, o que sen dúbida será ben recibo polo grande público, que en moitas ocasións busca auriculares de calidade dunha marca de confianza pero sen realizar un grande desembolso económico.
Os Beats Solo Buds chegarán en 4 cores (negro mate, lila ártico, vermello transparente e gris tormenta), cun deseño ergonómico para un axuste natural, compatibles con iOS e Android, cunha autonomía de até 18 horas grazas ao seu estoxo de carga, cun peso de só 5,7 gramos por auricular, con almofadas de 4 tamaños, micrófonos de última xeración que prometen calidade nas chamadas a través de Bluetooth... e todo isto a un prezo de 89,95 euros.
Non son os mellores produtos deste tipo que hai no mercado, pero contan cun deseño coidado e o estoxo máis compacto da marca, polo que non sorprendería que fosen o seu produto estrela durante a segunda metade do ano.

Co estoxo de carga estes auriculares poden gozar dunha autonomía de até 18 horas

Vídeo promocional dos Beats Solo Buds

PUBLICIDADE