Os Angry Birds fusionaranse cos Transformers nun novo xogo

luns, 16 de xuño do 2014 Marcus Fernández

Rovio parece non querer seguir os pasos de compañías como Zynga, e para manterse na primeira liña dos xogos para dispositivos móbiles está a procurar unha reinvención constante, e tras achegar ao noso mercado o seu primeiro xogo de rol e anunciar que os seus paxaros anoxados terán unha nova entrega con protagonista feminina, sorprenden anunciando unha nova fusión de franquías, de xeito que non se limitarán a contar con Angry Birds Star Wars e Angry Birds Star Wars 2, senón que tamén están a ultimar o lanzamento de Angry Birds Transformers.
Polo momento non se coñecen os detalles deste novo título, aínda que é de agardar que continúe a mesma liña do que fixeron con Star Wars, con novo xogo e os seus correspondentes Telepods que encarnarán aos Autobirds no seu enfrontamento cos Deceptihogs. Entendemos que este xogo chegará aos nosos dispositivos móbiles na proximidade da estrea cinematográfica de Transformers: La Era de la Extinción, filme que o vindeiro 4 de agosto chegará aos cines españois.

PUBLICIDADE