Os Angry Birds estrean xogo de realidade virtual
xoves, 7 de febreiro do 2019
Os paxaros anoxados de Rovio protagonizaron unha
chea de xogos móbiles nos últimos anos tocando unha grande variedade de
xéneros, polo que non deberÃa sorprendernos que Resolution Games estree hoxe Angry Birds
VR: Isle of Pigs, unha aventura inmersiva en realidade virtual na que
poderemos percorrer unha illa remota ateigada de porcos verdes aos que teremos
que derrotar a través de máis de 50 niveis (que ampliaranse máis adiante).
Neste xogo haberá que percorrer os distintos enclaves para destruÃr do xeito
máis espectacular posible as estruturas nas que se atopan os porcos verdes,
para conseguir asà as mellores puntuacións, ou sexa, que temos un Angry Birds moi tradicional, que
basicamente muda de punto de vista, de xeito que agora manexaremos o tirapedras
en primeira persoa.
O xogo está xa dispoñible na
tenda dixital de Oculus, na
de Vive e en
Stream, esperándose que nos vindeiros meses chegue a algunha plataforma de VR
máis.
- O xogo é basicamente un Angry Birds tradicional en primeira persoa
- No xogo poderemos xogar cos ángulos de disparo para conseguir a maior destrución posible
Tráiler de Angry Birds VR: Isle of Pigs