Os Angry Birds celebran a chegada do Ano do Dragón

venres, 20 de xaneiro do 2012 Marcus Fernández

O xogo Angry Birds Seasons vén de actualizarse para celebrar o aninovo chinés que comeza o vindeiro luns, incorporando 15 novos niveis coñecidos coma Year of the Dragon (O Ano do Dragón) actualmente nas versións para Android, Symbian e iOS (en breve chegarán tamén para as versión de Mac OS X e Windows do xogo).
As novas fase para o Angry Birds Seasons conta cun deseño inspirado en múltiples tópicos da cultura chinesa, e tamén destaca porque a para superar de xeito automático os niveis máis complicados, en vez de ter que recorrer a unha aguia (de pagamento) podemos convocar a un dragón que destruirá aos odiados porcos verdes sen o maior esforzo.


Vídeo promocional da última actualización do Angry Birds Seasons

PUBLICIDADE