Os 3 últimos Resident Evil poden mercarse en lote para Xbox One
martes, 18 de outubro do 2016
Durante os últimos meses a franquÃa de xogos de Resident Evil iniciou unha curiosa conta
atrás coas últimas entregas da saga, composta polos tÃtulos considerados de acción en vez de survival horror, de xeito que cada poucos meses as consolas PS4 e
Xbox One podÃan gozar de Resident Evil 6,
Resident Evil 5 e Resident Evil 4 con gráficos en alta
definición e todos os contidos descargables que saÃron tras o seu lanzamento orixinal,
pero que agora xa están dispoñibles de xeito conxunto, cun pequeno aforro, de
xeito que os interesados en gozar destes xogos na súa nova consola poden
facerse co Pack
triple de Resident Evil por 49,99 euros para
Xbox One e para
PlayStation 4 (esta última versión, de feito, leva algo máis dun mes
dispoñible), cando cada entrega por separado véndese a 19,99 euros.
Estamos ante unha excelente oportunidade para coleccionar unha etapa de Resident Evil que, aÃnda que conta co
rexeitamento dos puristas, si foi a
que gozou do maior favor do público, que acepta mellor os xogos de acción que
os de supervivencia. Deste xeito, os que si gusten deste xiro que deu a saga
poden aproveitar para revivir a experiencia, xa que Resident Evil 7 non irá na mesma dirección, volvendo ao survival horror, e incluso achegando
unha historia completamente nova de xeito que ben poderÃa pertencer a unha
franquÃa completamente nova.
- Resident Evil 6 serÃa a derradeira entrega de acción da franquÃa