Organizan na Coruña un evento para emprendedores previo ao E-StartUpBus de novembro
luns, 27 de agosto do 2012
Entre os dÃas 22 e 27 de novembro varias localidades
españolas van acoller unha xira de eventos dirixidos a emprendedores
tecnolóxicos chamada E-StartUpBus, que nesta edición non vai pasar por Galicia,
o que levou á coruñesa WeKCo a convocar para o 3 de outubro ás 19:30 horas unha xornada
#OnTheRoad coa que intentar recibir moitos inputs sobre ideas de negocio que poidan coller forma de cara ao
E-StartUpBus, premiando
ao equipo galego que obteña a mellor clasificación con 3 meses de aloxamento de
balde no espazo de coworking de WeKCo.
A actividade coruñesa desenvolverase na sede de WeKCo en Novo Mesoiro (A
Coruña), e busca dar forma a un prototipo de idea empresarial que anime aos
participantes a subirse ao E-StartUpBus durante os 6 dÃas que dura a súa ruta
emprendedora. A inscrición ao evento xa está aberta e é de balde.