Orange vende 1 millón de iPhone en Francia

luns, 25 de maio do 2009

Pese a que en España rumoréase que as vendas do iPhone en exclusiva por Telefónica non están a ser tan boas como era de esperar (posiblemente pola cantidade de terminais que chegaron de importación dos EE.UU. antes da saída do iPhone 3G), en Francia a cousa parece ser bastante diferente, e Orange tería superado a barreira do millón de móbiles de Apple vendidos. Para celebralo Orange permite a descarga de balde dunha aplicación para seguir o Roland-Garros dende o iPhone.

PUBLICIDADE