Orange limita considerablemente as súas tarifas planas móbiles

luns, 11 de outubro do 2010 Marcus Fernández

O acceso móbil á Rede conta cunhas tarifas bastante polémicas, por anunciarse en moitos casos coma tarifas planas e ter numerosas limitacións, o que no caso de Orange está a ser bastante lesivo para o usuario, pois pese a ser un dos operadores con peor servizo de datos, agora resulta que tamén é dos que máis o limita, confirmándose a través da súa web que as súas tarifas planas Delfín inclúen 2 tramos de limitación de velocidade da navegación segundo o tráfico xerado, quedando finalmente nunha velocidade bastante ridícula (64 Kbps).
Deste xeito, os usuarios da tarifa Delfín 20, tras consumir 100 Mbytes de tráfico pasarán a navegar a 128 Kbps durante os 100 Mbytes seguintes, pasando logo a unha velocidade de 64 Kbps; mentres que na tarifa Delfín 32 teriamos 2 chanzos de 300 Mbytes, nas Delfín 42 e 59 de 500 Mbytes e na Delfin 79 de 1 Gb. De non querer redución de velocidade, os usuarios deberán contratar a tarifa Internet en el Móvil de 8 euros/mes con 300 Mbytes de transferencia e 4 euros por cada 100 Mbytes adicionais.

PUBLICIDADE