Orange achega un concerto de Amaral a través da Internet, o móbil e a televisión por ADSL

martes, 5 de decembro do 2006 Marcus Fernández

Amaral, aparte de participar na última campaña promocional de Orange, tamén vén de protagonizar a primeira retransmisión en tempo real dun concerto (o único da formación musical durante 2006) a través de Internet, móbil e televisión por ADSL, que puideron recibir os clientes de Orange sen custo.
A actuación realizada no Novo Teatro Alcalá de Madrid púidose seguir así en tres soportes diferentes e con resolucións axeitadas ás pantallas dos dispositivos de reprodución, seguindo así as retransmisións de concertos a través de UMTS como xa se fixo na celebración do aniversario dos 40 Principales, agás que na ocasión que ocupa se completou cun simulcast sen precedentes.
Grazas a Youtube podemos ver o spot devandito de Orange coa participación de Amaral:

PUBLICIDADE