Ofertan numerosos xogos de Xbox 360 ata o 30 de xuño

mércores, 9 de maio do 2012 Marcus Fernández

Microsoft vén de anunciar na páxina web da Xbox 360 unha promoción para a súa consola de videoxogos doméstica que durará ata o 30 de xuño e que permitirá adquirir moitos dos seus títulos máis destacados a prezos reducidos que parte de 14,95 euros, o que é unha excelente oportunidade para que queiran ampliar a súa ludoteca electrónica con xogos que son un acerto seguro.
Entre os xogos que poden adquirirse por 14,95 euros están Gears of War, Gears of War 2, Fable II, Halo 3, Halo Wars, Mass Effect e Kinect Joy Ride; mentres que por 19,95 euros temos unha oferta de títulos moito máis ampla: Halo: Combat Evolved Anniversary, Halo Reach, Fable III, Disney Universe, LEGO Piratas del Caribe, Alan Wake, Forza Motorsport 3 Ultimate Edition, Crackdown 2, Halo ODST e The Gunstringer.
Completan a oferta xogos como Gears of War 3 a 29,95 euros (cando este título custaba 64,95 euros hai medio ano), prezo ao que tamén están dispoñibles outros grandes títulos como Forza Motorsport 4, Kinect Star Wars, Kinect Rush: Una Aventura Disney Pixar, Kinect Sports, Kinect Sports: Segunda Temporada, Dance Central, Dance Central 2, Kinect Disneyland Adventures, Cars 2 e Kinectimals: Ahora con Osos.

PUBLICIDADE