ONO negocia a súa entrada na telefonía móbil virtual

luns, 9 de outubro do 2006

A operadora de cable ONO está a manter conversas coas 3 operadoras de telefonía móbil con rede propia na actualidade para pechar antes de rematar o ano un acordo que lle permite iniciar a súas actividade coma operador virtual, pois ONO está a traballar no lanzamento dunha solución híbrida que permita combinar a telefonía móbil coa fixa (como xa anunciaron outros operadores) de xeito que ingresarían as chamadas realizadas dende o fogar e o seu futuro socio ingresaría os cartos correspondentes ás chamadas realizadas fora do domicilio.
Con esta solución ONO pretende espallar o seu negocio que xa conta con telefonía fixa, Internet e televisión, pois a telefonía móbil é un sector no que a operadora non ten presenza.
Os rumores apuntaban a que o acordo se podería pechar con Vodafone, pero a operadora de cable os desmentiu, polo que parece que tanto Orange como Movistar teñen opcións para chegar a un acordo con ONO.

PUBLICIDADE