OM/ONE, o altofalante Bluetooth que levita
martes, 12 de agosto do 2014
Destacar entre a inmensa oferta de altofalantes sen fÃos
portátiles non parece algo doado, pero o OM/ONE
parece telo conseguido ao optar por unha prestación que aÃnda non incluirá
ningún dos seus competidores: será capaz de levitar sobre unha base.
Este altofalante Bluetooth 4.0 pode empregarse para escoitar música ou incluso
para facer de mans libres do móbil (xa que integra un micrófono), e tanto pode
empregarse en mobilidade grazas á súa baterÃa interna, como usarse na súa base
que fai que poida manterse flotando no aire. Precisamente o feito de que teña
unha forma esférica e que non pare quieta no aire fai que por si mesmo non
poida ser estéreo, polo que se queremos gozar de tal tipo de son deberiamos
empregar 2 altofalantes deste tipo.
O altofalante é unha esfera de 9,14 centÃmetros de diámetro e 340 gramos de
peso que pode acenderse e apagarse mediante un sensor táctil e que grazas á súa
baterÃa recargable integrada pode funcionar até 15 horas de reprodución
continua. ComunÃcase por Bluetooth 4.0 até unha distancia de 10 metros e para
poder levitar hai que empregalo en combinación cunha base de 16 centÃmetros de
diámetro que inclúe un porto USB para poder cargar o altofalante esférico.
Este orixinal produto está a financiarse mediante compras anticipadas,
agardándose que as súas primeiras unidades cheguen aos mecenas no mes de
decembro a un prezo de 179 dólares (148,87 euros con gastos de envÃo incluÃdos)
no seu modelo básico, podendo tamén mercarse unha edición na que a esfera
adopta a forma dunha bola de discoteca, ou a posibilidade de mercar unha parella
de altofalantes a un prezo reducido pensando no seu uso como sistema de son
estéreo.
VÃdeo de presentación do OM/ONE