O xogo na nube de Xbox incrementa a súa potencia
mércores, 23 de xuño do 2021
Pouco quixeron tardar dende Microsoft para comezar a aplicar
as novidades
que anunciaron como antesala da feira E3, e finalmente o xogo na nube de
Xbox deu un importante salto de potencia, de xeito que tÃtulos como Yakuza:
Like a Dragon ou Rainbow Six Siege presentan novas opcións de
configuración gráfica, deixando constancia que xCloud
estarÃa a basear a súa potencia na Xbox Series X, o que axudará a gozar de
mellores gráficos e menores tempos de carga, e no futuro tamén permitirá que os
usuarios de Xbox One poidan gozar de novos xogos que non están dispoñibles de
xeito nativo para a súa máquina tirando proveito do poder da nube.
Dende Microsoft aÃnda non anunciaron nada ao respecto, o que poderÃa responder
simplemente ao feito de que aÃnda non aplicaron os cambios de potencia para
todos os xogos de Xbox Game Pass, aÃnda que é de esperar que digan algo
oficialmente en breve, xa que o vindeiro 27 de xullo chegará o Flight
Simulator ao Xbox Game Pass, e o
feito de poder gozar deste tÃtulo en consolas Xbox One grazas ao streaming
supón un antes e un despois ao xeito de entender o salto ás novas xeracións de
consolas.