O xogo na nube de PS5 xa está en probas
martes, 8 de agosto do 2023
AÃnda que no xogo
na nube de consolas a Xbox está moi por diante da competencia, Sony non quere
quedar atrás, e xa
hai usuarios que teñen acceso á beta público do servizo de xogo na nube de PS5,
do que detallan que permite recuperar partidas gardadas na nube e elixir
entre 4 resolucións de imaxe diferentes (720p, Full HD, 1440p e 4K).
Este servizo en probas xa permite gozar de tÃtulos como God of War:
Ragnarok, Horizon Forbidden West, Fortnite, Fall Guys, Destiny 2, Returnal,
Demon’s Souls, Death Stranding, Sackboy A Big Adventure, Destruction All Stars
e as versións de proba de Demon Slayer e Resident Evil 8, polo
que semella que será compatible con practicamente calquera tipo de xogo.
Na actualidade o xogo na nube non ten un peso importante, pero dado que Sony
prevé lanzar en breve unha especie de consola portátil para gozar de xogos en streaming
(principalmente para gozar da opción de xogo remoto da PS5) podemos pensar que
pode ser unha estratexia para potenciar os seus servizos de subscrición, tendencia
que están a seguir moitas grandes compañÃas para garantir uns ingresos
regulares nun mercado moi dinámico.