O xogo galego Trap Ball estréase na Xbox 360

martes, 11 de setembro do 2012 Marcus Fernández

O estudo galego Axóuxere Games, que ata o momento estreara en Google Play os xogos Trap Ball, Shuriken Traiining e Planetary Shiled, dá un importante paso adiante ao estrear o seu primeiro título Trap Ball Edición Billar como xogo indie no Bazar de Xbox LIVE, ou sexa, que os usuarios da consola doméstica de Microsoft poden adquirir o seu xogo por 80 Microsoft Points (0,96 euros), contando tamén cunha versión de proba de balde (coas 7 primeiras fases) para comprobar antes da compra este título no que hai que superar numerosos desafíos percorrendo escenarios cheos de trampas ata chegar á meta. O xogo contará con actualizacións de balde con novas fases.
Con este estrea Andrián Rodríguez Mira e Antonio Gundín González avanzan no seu propósito de consolidarse en Axóuxere Games nun estudo de videoxogos que chegue ao meirande número de plataformas posible, e que co desembarco na Xbox 360 escribe un novo capítulo do desenvolvemento de videoxogos dende Galicia.

En Trap Ball hai que superar numerosas trampas a través de distintos niveis

PUBLICIDADE