O xogo español Dogchild estréase na PlayStation Store

xoves, 24 de decembro do 2015 Marcus Fernández

Animatoon Studio lanzou hai tempo para Android e para iOS o videoxogos Dogchild, que permitíanos participar na aventura do mozo Tarpak e aos eu can Tarao, que tiñan que enfrontarse a unha invasión alieníxena; pero este estudio madrileño non se conformaba co seu xogo para dispositivos móbiles e presentouse aos PlayStation Awards en 2014, resultando gañadores, polo que levan uns meses traballando con PlayStation España para converter a súa idea orixinal nun videoxogo para PlayStation 4, moito máis ambicioso que a súa versión móbil, e que hoxe sae á venda na PlayStation Store a un prezo de 21,99 euros.
A nova versión de Dogchild xa non persegue derrotar unha invasión de extraterrestres, senón que a aventura consiste en investigar a desaparición dos pais de Tarpak e enfrontarse á malvada Corporación Cornish, que experimenta con animais (polo que deberemos ter moito coidado co seu secuestrador de cans).
Esta loita contra o maltrato animal permitiranos rescatar animais e atopar aos pais do protagonista empregando habilidades como trae a pelota (tirando a pelota de Tarao para derrotar aos inimigos), falar con animais (Tarpak pode comunicarse con diferentes criaturas) e dúo dinámico (podemos controlar directamente a Tarao para atopar novas pistas e distraer aos inimigos). Un xogo de traxectorias, cun ritmo trepidante, que porá a proba a capacidade de concentración, coordinación e precisión do usuario mentres se aproveitan as leis da física para crear o rebote perfecto e facer tantos combos como se poida.

Tráiler do xogo de Animatoon Studio para PlayStation 4

PUBLICIDADE