O xogo en liña fai que o PC facturase máis que as consolas de videoxogos en 2008

mércores, 25 de marzo do 2009 Marcus Fernández

A PC Gaming Alliance (organismo formado por empresas coma Activision, AMD, Dell, Epic Games, Intel, Microsoft e nVIDIA) co gallo da Game Developers Conference publicou un informe no que dan o volume de ingreso dos xogos para PC en 2008, que estaría nos 10.700 millóns de dólares, de xeito que sería máis importante que o das videoconsolas, o que podería sorprender se vemos cómo os xogos para PC normalmente non aparecen destacados nas listaxes de vendas porque teñen unhas vendas moi discretas, pero o negocio vai moito máis aló, e agora son os xogos multiusuario en liña os que xeran máis cartos, e como impresionante exemplo teriamos a World of Warcraft, que superaría o milleiro de millóns de dólares ao ano.
Dende a PC Gaming Alliance recoñecen os importantes avances de Xbox LIVE e PlayStation Network, pero destacan que o PC continúa a ser unha plataforma de xogo en rede máis robusta e accesible, de aí que os xogos con subscrición movan tantos cartos no ordenador.

PUBLICIDADE